Luís Seoane é o artista homenaxeado no Día das Artes Galegas. Neste Diario Cultural falamos da súa traxectoria plástica e artística.
“Dende o seu exilio durante a Guerra Civil sempre tivo unha vontade moi clara de estar traballando pola nosa cultura”, asegura Carlos López Bernárdez, historiador da arte e autor de Un pintor que sabía o que facía da Editorial Laiovento.
Tamén escoitamos as voces de Jorge Espiral, pintor e director da galería La Catedral, en Lugo; con María Elena Montero, artesá creadora de tapices en colaboración con Luís Seoane; e con Silvia Longueira, directora da Fundación Luís Seoane.
“Penso que o libro Homenaxe á Torre de Hércules reflicte a esencia de Seoane”, explica Silvia Longueira.
“O seu traballo de edición, ao servizo da cultura galega, é moi importante neses anos. Nun momento en que é imposible editar aquí en galego e a nosa lingua está tan perseguida”, engade Carlos López Bernárdez.