Nesta edición do Diario Cultural adentrámonos na presentación do proxecto “Sonoro Empeño, a música nas coleccións Abanca e Afundación”. Unha exposición que se pode visitar en Compostela e na que se busca mostrar a relación entre a música e outras artes como a pintura, o cine ou o teatro.
Tamén falamos de rap en galego con Nervo, o vocalista da banda Rebeliom do Inframundo que están a presentar o seu terceiro traballo discográfico “Ilegal”. E introducímonos no mundo da arte con Rosario Sarmiento.