Nesta nova edición do Diario Cultural coñecemos todos os galardoados nos Premios de teatro María Casares. Ademáis achegámonos ata o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra que comeza hoxe unha vixésima edición na que o tema principal será a revolución e o homenaxeado o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil Antonio Teijeiro.
Tamén viaxamos ata A Coruña para asistir ao simposio sobre a obra do Premio Nobel de Literatura Mario Vargas Llosae , para rematar, unha axenda cultural para a fin de semana.