O Festival Atlántica trae un mar de contos durante o mes de marzo por toda Galicia. As rúas énchense de contadores de historias que sorprenderán, un ano máis, a veciñanza galega.
Máis de 80 espectáculos en 16 concellos recibirán os contadores de narración oral dende diferentes partes do mundo. Neste ‘Diario cultural’ falamos con Soledad Felloza, organizadora do evento.
O mar chega á montaña e percorre as vilas galegas. Historias murmuradas que se van contando de orella a orella, literalmente.
“É un tubo que potencia a voz, ti murmuras e a persoa que está ao outro lado vai escoitar unha historia só para ela”, conta Soledad Felloza.
“O Atlántico marca. É certo que cada historia se adapta á cultura local, pero xúrovos que eu escoitei historias en Cabo Verde que alí era un peixe a aquí unha lamprea, pero a historia era común”, engade a organizadora.