Neste espazo cultural conversamos con Domingo Villar, que nos presenta o seu novo libro, ‘O último barco’, publicado pola Editorial Galaxia.
Unha viaxe entre Vigo e Moaña a través da desaparición de Mónica Andrade. Trátase da terceira entrega das andanzas do inspector Leo Caldas e do seu escudeiro aragonés Rafael Estévez. Despois de ler ‘Ollos de auga’ e ‘A praia dos afogados’, é o momento de mergullarse neste novo libro.
“Eu teño o costume de ler en voz alta o que vou escribindo e sempre lle lía o meu pai, non en busca dun xuízo, senón en busca dun oído”, recorda o escritor.