A música galega viaxa ata Glasgow par ter un protagonismo moi especial no Festival Celtic Connections. Anxo Lorenzo, Mercedes Peón, Mónica de Nut, Tanxugueiras, Talabarte, A banda das crechas, Xabier Díaz, as Adufeiras de Salitre e Sondeseu serán os embaixadores da nosa cultura máis alá das fronteiras.
“Cada vez a música galega e o Camiño de Santiago son máis coñecidos en Escocia”, conta o gaiteiro Anxo Lorenzo, que viaxa coa música galega polos escenarios arredor do mundo.
A historia celta e o son da gaita son as raíces dunha cultura común entre Escocia, Irlanda e Galicia. Conexións entre países que representan a esencia de todos os galegos.