A histórica compañía de títeres Kukas fai corenta anos neste 2019. Falamos con eles sobre a historia dos monicreques en Galicia e a nova montaxe que estrearán o 28 de mazo, ‘Arlequina’.
As primeiras interpretacións da compañía foron unha reivindicación do uso do galego e a defensa da cultura propia. Durante todas estas décadas, a compañía foi un espazo de crítica sobre temas de actualidade.
As marionetas combinan diferentes facetas artísticas. Todas elas crean unha arte viva de achegamento directo co público.
“Teñen literatura, cando escribes, tamén a plástica e a escultura ao construír a escenografía, e o teatro na representación.”, asegura Marcelino de Santiago, ‘Kukas’.
“Recordo anécdotas moi boas dos inicios”, conta Isabel Rey nas ondas da Radio Galega.
A primeira montaxe da compañía Kukas xa era feminista e toda en galego, un feito moi anovador nesa época, recordan os fundadores.