Lembramos a Castelao e a Camilo José Cela

O 17 de xaneiro de 2002 falecía o Premio Nobel da Literatura de 1989, Camilo José Cela. O autor de ‘La familia de Pacual Duarte’ e ‘La colmena’ convertiu a Galicia no centro das letras.

“Camilo José Cela deixou en Galicia un fondo cultural e artístico de primeiro nivel”, conta Covadonga Rodríguez, subdirectora da Fundación pública galega Camilo José Cela.

“Era un autor profundamente galego. A súa obra está chea de referencias a Galicia”, engaden dende a Fundación.

Xaneiro tamén foi o mes no que faleceu Castelao hai 69 anos. Para lembrar a súa figura facemos unha viaxe a través da música polos camiños de Castelao.

“Quixen compilar parte da música que soaba nos países nos que estivo Castelao nos anos nos que el os percorría”, explica Paul Daniel, director musical do proxecto.

A Real Filharmonía de Galicia actuará este xoves 17 nun concerto homenaxe na Cidade da Cultura. As entradas xa están esgotadas para escoitar a banda sonora da vida de Castelao, o escritor símbolo do exilio galego.

Pin It on Pinterest

32 Shares
Share32
Tweet
Share