Apenas sen estrear este novo ano 2019 case podemos dicir que estamos a vivir o comezo dun dos mellores anos para a produción cinematográfica galega.
Este ano a industria audiovisual amosarase diversa tanto en contidos como formas narrativas, así como olladas e voces propias sobre o noso. Un ano que, sen dúbida, pasará a historia do noso cinema.