O novo circo galego

Durante os últimos anos o circo contemporáneo galego viviu un proceso de innovación, formación e difusión que o foi situando nun lugar destacado e con importantes producións que se poden comparar coas de contextos onde o apoio ás artes circenses está máis consolidado, coma Cataluña, Portugal ou Francia, por poñer exemplos cercanos.

As recentes estreas de Arnoia, Arnoia de Pistacatro, Involución de N+1 ou 4’’ da compañía IO Circo, fálannos da forza e do impulso desta arte escénica no país.

A historia recente e as liñas de apoio á formación (aglutinadas en Pistacatro basicamente ao longo dos seus 10 anos de existencia), o programa de circo no CDG da etapa dirixida por Cristina Domínguez ou as dez edicións da Festa do Circo ou o Circo á Feira na Sala Nasa durante a primeira década deste século, foron o xermolo dos colectivos que hoxe nos presentan estas pezas caracterizadas pola poesía visual, a unidade conceptual ou a combinación de varias artes escénicas con números de circo, na liña do circo posmoderno ou do fenómeno do novo circo internacional. Aquí xa non hai exhibición de feras nin números fragmentados do tradicional circo de carpa, ou non só. Estes espectáculos son o reflexo da capacidade renovadora, absorbente e transformadora dunha arte escénica (ao mellor a que máis) permeable á evolución e a sorpresa.

Pin It on Pinterest

175 Shares
Share175
Tweet
Share