A compañía clásica de teatro afeccionado Achádego celebra os seus trinta anos sobre os escenarios. Neste ‘Diario Cultural’ falamos con Tareixa Campo, fundadora do grupo, quen nos controu que o teatro é necesario para a vida porque axuda a desenvolver a empatía, o coñecemento cultural, practicar a memoria e fomentar a convivencia en grupo.
Un dos actores da compañía é Suso Meilán, quen leva 29 anos gozando da súa paixón polo teatro. As persoas coas que compartía esta actividade foron o seu primeiro achegamento a este mundo, pero logo descubriu a súa gran paixón polo arte dramática.
A compañía Achádego organizará unha serie de actividades durante a próxima fin de semana no Vello Cárcere de Lugo. Nelas participarán referentes do mundo artístico como Antonio Mourelos, Jorge Coira, Tamar Novas e Mercedes Castro.