A Fundación SGAE presenta o XXII Ciclo SGAE de Lecturas Dramatizadas, que terá lugar durante o mes de novembro en seis cidades españolas, entre as que se atopa Santiago de Compostela. A capital galega acollerá esta mostra de dramaturxia contemporánea, cuxo obxectivo é incentivar a escrita e lectura de pezas teatrais.
Os textos en lingua galega escollidos son “Os bólidos do esquecemento”, de Julio Fernández, que será o 6 de novembro; “Malcriada. Unha historia de amor”, de Esther F. Carrodeguas, o 8 de novembro; e “Culpable”, de José Prieto, que terá lugar o 14 deste mesmo mes.
Falamos coa persoa que estivo na selección das obras, o representante de Artes Escénicas na SGAE, Vicente Montoto, para que nos conte máis detalles sobre o Ciclo.