Xavier Alcalá publica a novela ‘The making of’, unha novela da editorial Galaxia que fala sobre a emigración. Trátase dunha historia que mestura ficción con realidade. A primeira historia presenta un escritor e enxeñeiro que empeza a investigar unha desaparición.
“Eu tentei contar a realidade”, explica Xavier Alcalá.
O escritor consegue nesta novela sacar á luz un gran número de historias agochadas que a sociedade precisa coñecer.
“Quedan moitas cousas por contar”, asegura Xavier Alcalá.
Todas as historias están vinculadas cos galegos e resultan moi curiosas para coñecer a historia do país.