Hoxe preséntase na Coruña o volume ‘Obra teatral de Manuel María’, editado pola profesora Mª Pilar García Negro. Unha obra que recolle un total de 33 pezas do escritor, moitas delas inéditas e inaccesibles. Este traballa amosa a papel de Manuel María como dramaturgo máis alá da súa obra poética.
A primeira obra teatral de Manuel María foi escrita en 1957 e a derradeira en 2001, o que amosa unha dedicación completa a este xénero por parte do autor. Unha nova visión de Manuel María, popularmente coñecido pola seu labor como poeta. “Hai unha intención rehabilitadora e construtora da historia de Galicia a través dunha épica popular de personaxes como o taberneiro, a costureira, o labrego, pero tamén a través da historia contemporánea de Galicia”, explica a editora do libro Mª Pilar García Negro.