Podcast Diario Cultural 14:45

A escritora galega Emma Pedreira gaña o premio Xerais de Novela 2018 coa súa obra ‘Besta do seu sangue’. Unha novela na que o lector pode deixarse levar polas palabras e construír el mesmo a súa historia. Esta obra chega despois de ‘Antídoto’ e ‘Bibliópatas e fobólogos’, pezas tamén moi premiadas da autora.

O libro está formado por capítulos breves que imitan a tradición oral e amosan trazos de poesía. Unha peza centrada na figura de Romasanta para que cada lector teña unha imaxe propia desta personaxe. A autora tivo como referencia o libro de ‘Seique’ de Susana Sánchez Aríns.

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share