Tito Lesende avanza os lanzamentos musicais que teremos en 2024. Fillas de Cassandra presenta un novo concepto nos seus concertos, unha nova serie de espectáculos que leva por título ‘Últimas Dionisíacas’. Con esta nova proposta, ofrecen maior instrumentación no escenario da man de Tania Caamaño e Marina Vidal. Neste 2024 terá protagonismo o dúo Caamaño&Ameixeiras, que ten concertos previstos en Lugo, Ourense, Barcelona, Girona, Austria, Bélxica e Alemaña; e tamén éxito dos festivais como o Resurrection Fest. O prognóstico para 2024 resúmese en dúas tendencias: en primeiro lugar, a música pop con influencia das tradición e, en segundo lugar, o paulatino regreso da música das guitarras eléctricas.
2024: pop tradi e guitarras
Podcast: Play in new window | Download ()