Literatura palestina en galego

Coñecemos a realidade de Palestina a través da súa literatura traducida ao galego. Rocío Viéitez Ferro preséntanos O azul entre o ceo e a auga, de Susan Abulhawa, publicado este outono por Laiovento dentro da súa colección Candemaia. Participa tamén na conversa Moncho Iglesias, tradutor á nosa lingua da poesía de Mahmoud Darwish (Carné de identidade, en Barbantesa) e das novelas Un mapa do lar, de Randa Jarrar (Hugin e Munin) e Esfumado: a misteriosa desaparición de Mostafa Ouda, de Ahmed Masoud (Urutau), que nos regala en directo a versión en galego dun poema de Mosab Abu Toha. 

 

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share