Emma foi á última novela que publicou en vida Jane Austen, clásica da literatura inglesa cuxa obra mantén gran vitalidade no século XXI. A través dos enredos e equívocos amorosos provocados pola súa protagonista, Emma retrata o clasismo da sociedade inglesa da época e as condicións de vida das mulleres, obrigadas a matrimonios vantaxosos para garantiren a supervivencia económica.
Sushi Books publica unha edición de Emma traducida por Moisés Barcia e anotada e prologada para público xuvenil. Conversamos con Ana Bulnes, Raquel C. Pico e María Ramos, as tres responsables das notas desta edición.