O batería Miguel Lamas publica o terceiro disco do seu proxecto persoal. En ’30’ o músico fenés volve á mirada á música tradicional galega e parte de pezas populares que transforma coas sonoridades do jazz, o funk e o soul. No álbum colaboran voces como Xabier Díaz ou Carmen Rey, canda a banda Ardora, formada por músicos galegos e iberoamericanos.
O título de ’30’ fai referencia ao trixésimo aniversario de Lamas, que xa atesoura unha longa traxectoria como músico de sesión e de directo con artistas como Dani Martín, Miguel Poveda ou Maldita Nerea, onde actúa como produtor e director musical.