Galicreques volve a Compostela entre o 7 e o 15 de outubro con teatro de bonecos para público infantil pero tamén propostas para público adulto. O festival internacional de monicreques ofrecerá 60 funcións de compañías chegadas da Arxentina, Portugal, Colombia ou Francia, e tamén espectáculos de compañías galegas, que acollerán diversos espazos de Santiago e tamén a sala Gurugú da Coruña. Conversamos con Rafael Rey Domech, coordinador de Galicreques, sobre a aposta do festival por gañar novos públicos, a través da programación ‘Cara Bé’.
“Con monicreques pódese falar de cambio climático, homofobia ou fodechinchos”
Podcast: Play in new window | Download (15.5MB)
Subscribe: RSS