Estíbaliz Espinosa trae ao galego a poesía de Rebecca Elson, unha astrofísica canadense finada en 1999, con só 39 anos. É a primeira tradución peninsular dos versos de Elson, que unen a observación do universo e a mirada ao máis próximo, con sensualidade e humor. Un compromiso co asombro está publicado pola Editorial Galaxia.
Rebecca Elson, unha astrónoma poeta
Podcast: Play in new window | Download (16.3MB)
Subscribe: RSS