Wöyza & The Galician Messengers estréanse discograficamente cun EP que bebe da música tradicional e de expresións musicais contemporáneas dos dous lados do Atlántico. Acompañana a cantante viguesa a baixista High Paw, a pandeireteira María López, o batería David Outumuro, o gaiteiro Xulio Lourenzo e o teclista Jorge Juncal.
O disco inclúe adaptacións de poemas de Uxío Novoneyra e Martin Codax, remixes e unha nova versión, en vivo, da primeira canción que Wöyza compuxo en galego, ‘Tempos de muller’.