Os eucaliptos levan o lume dentro é o segundo poemario do xornalista Ángel Suanzes. A partir da imaxe dos eucaliptos como árbores destinadas ao consumo, Suanzes reflexiona sobre o tempo e as relacións humanas e pescuda na vulnerabilidade reprimida pola masculinidade tradicional. O libro, publicado por Nêspera Editora, ten unha forte pegada visual, a través das fotografías e dos xogos na disposición en páxina dos poemas.
Ángel Suanzes publica o seu segundo poemario
Podcast: Play in new window | Download (14.5MB)
Subscribe: RSS