Cantometrics toma o nome e a inspiración do método de análise do musicólogo estadounidense Alan Lomax, que fixo recollidas musicais por todo o mundo, e estivo en Galicia nos anos 1952 e 1953. Cantometrics revisan e transforman algunhas das pezas do arquivo de Lomax empregando acordeón, marimba, percusións, zanfona, gaita e voz, nunha viaxe que non só une pasado e presente, tamén a música galega coa de Marrocos, as Antillas, Andalucía ou Nova Orleáns. Conversamos con Luís Sánchez Bolón e Marina Fernández Vigo, dous dos integrantes do grupo.
Cantometrics, unha mirada contemporánea do arquivo de Alan Lomax
Podcast: Play in new window | Download (18.4MB)
Subscribe: RSS