Conversamos con Luís Tosar, protagonista de Fatum, un thriller no que as emocións e os dilemas morais da paternidade son o motor da trama a partir dun atraco con reféns. É a primeira longametraxe de ficción dirixida por Juan Galiñanes, e ten no elenco a Álex García, Arón Piper, Elena Anaya, Ricardo de Barreiro ou Isabel Naveira. O 28 de novembro chega aos cines esta nova produción de Vaca Films, participada pola Televisión de Galicia e rodada na cidade da Coruña.