Cooperativas culturais: Culturactiva, Urdime e Nave de Lata

O cooperativismo é unha fórmula asociativa cada vez máis utilizada no noso sector cultural. Coñecemos tres exemplos. Culturactiva traballa desde 2001 na xestión cultural, o teatro, a música e a dinamización social. Urdime celebra dez anos de historia que comezaron na distribución de teatro infantil e xuvenil. Nave de Lata acaba de nacer como alianza entre as axencias musicais Luneda Producións e Tremendo Audiovisual. Escoitamos a Manuel Roxo, de Culturactiva; con Cris Fiaño, de Urdime, e con Aitana Cuétara e Manuel Tarrío, de Nave de Lata.

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share