Os premios Youtubeiras deixaron unha chea de nomes e contidos que paga a pena seguir no YouTube en galego: Toxío foi a mellor canle; Neeumátiko, o mellor youtubeiro; Histérikas Histórikas youtubeiras revelación; Pingando foi premio pioneiro e Falemos do Reino de Galicia premio á calidade lingüística. Pero estes son só algúns exemplos de contidos en galego, especializados e de calidade que se están facendo no YouTube e noutras redes.
Hoxe no Diario cultural falamos de dous destes proxectos. En primeiro lugar, de Neeumatiko, a canle persoal de Nee Barros, que foi o mellor youtubeiro do 2022, e onde fala de literatura galega e temáticas LGTBIQ+. Por outra banda, coñecemos Falemos do Reino de Galicia, a serie web documental que presenta o doutor en Historia Carlos Lixó.