Debullamos a lista de finalistas da vixésimo primeira edición dos Mestre Mateo, os premios que convoca anualmente a Academia Galega do Audiovisual. A serie ‘Rapa‘ é candidata en 19 categorías e o filme ‘O corpo aberto’, de Ángeles Huerta, opta a 16 premios. ‘Código Emperador’, de Jorge Coira, acumula 8 candidaturas, mentres a película de animación ‘Unicorn Wars’, de Alberto Vázquez, é finalista en 6 categorías.
Conversamos con Álvaro Pérez Becerra, presidente da Academia, e con dous dos candidatos a mellor comunicador, Xosé Antonio Touriñán e Esther Estévez. Os Mestre Mateo entregaranse o 11 de marzo no transcurso dunha gala que se desenvolverá no Auditorio de Ourense.