O espazo que conduce e dirixe Alfonso Pardo saca á luz unha carta que Eduardo Blanco Amor lle dirixiu en 1961 a Benito Villamarín, industrial e presidente do Betis, natural do concello ourensán de Toén. Na misiva o escritor agradécelle a Villamarín a súa axuda para volver á Península. A carta gárdaa a familia de Villamarín e o ‘Convivir deportivo’ descubriuna este mes de decembro nun programa emitido desde Toén.