Xa está en marcha o proceso para a declaración da foliada como Ben de Interese Cultural, unha figura de protección especial para o noso patrimonio material e inmaterial. Debullamos o informe técnico solicitado pola Dirección Xeral de Patrimonio con tres das investigadoras que o realizaron os antropólogos Beatriz Busto e Félix Castro e a etnomusicóloga Xulia Feixóo.