Rescatamos ‘Trece noites, trece lúas. Libro das Marabillas de Nadal’, unha obra de Antonio Reigosa publicada en 2011 por Edicións Xerais que pescuda nas orixes de Nadal e nas diferentes maneiras de celebralo en diferentes lugares.
Tamén petiscamos en ‘Sempre Nadal’, con texto de Desirée Acevedo e ilustracións de Sara Sánchez. Triqueta Editora publica este álbum ilustrado no que o coello Pepiño suxire que estendamos a alegría do Nadal.