Eva Mejuto volve traernos lecturas de medo para todas as idades. Hoxe comezamos co álbum ilustrado Desgrazas dunha familia victoriana, de Idoia Iribertegi, publicado por Triqueta Verde. Un álbum disparatado para adolescentes e adultos no que a autora recrea, con retranca e humor, unha saga familiar chea de fatalidades.
A segunda proposta é ‘Instrucións para ler este libro’, con texto de Miguel Anxo Alonso Diz e ilustracións de Luz Beloso, publicado por Xerais. Outro libro co humor como fío condutor que presenta personaxes da nosa mitoloxía fantástica laiándose dos males do mundo actual.