A Real Academia Galega celebra o Simposio Florencio Delgado Gurriarán os días 3 e 10 de novembro para afondar en diferentes aspectos da vida e obra do homenaxeado nas Letras Galegas deste ano. Conversamos con Xosé Manuel Dasilva, catedrático da facultade de Filoloxía e Tradución da Uvigo, que achegará a súa análise das traducións que realizou Delgado Gurriarán, e co académico correspondente Ramón Nicolás, que investigou a correspondencia do poeta valdeorrés con Rodolfo Prada e Ramón Otero Pedrayo.
O ronsel do ano de Florencio Delgado Gurriarán
Podcast: Play in new window | Download (17.0MB)
Subscribe: RSS