Abe Rábade visita o estudio do Diario Cultural para presentar o seu novo disco, ‘Botánica’. Se cadra o mellor lugar para facer esta entrevista sería no medio dun souto ou dunha carballeira. Neses lugares que Rábade describe como “máxicos e inspiradores”. En ‘Botánica’ as plantas son as protagonistas, xunto coa mestura musical do jazz e a música tradicional (personalizada en Davide Salvado e a súa pandeireta).
Un disco que xa se pode mercar, e que presentará en directo o sábado 24 ás 12h no Teatro Principal de Santiago.