Alejandro Gándara
Graduado en Xornalismo pola USC e Master en Produción Xornalística e Audiovisual (MPXA) pola UDC. Traballou en medios como La Opinión de A Coruña e La Voz de Galicia. Ten colaborado noutros coma Luzes e Novas da Galiza, tratando temas sociais e culturais. Na actualidade traballa sobre todo no sector audiovisual. Realizou varios proxectos arredor da música tradicional galega, como Punto e Volta ou a longametraxe documental Dorothé na Vila. Ademais de traballar, tamén ten vida, e gústalle dedicar unha parte importante desa vida a escoitar música e falar dela. Foi membro de grupos de música tradicional coma Os Musicantes e PanSenFron.