Mónica Maneiro estréase como colaboradora de arte no Diario Cultural falándonos de Raniero Fernández, un exemplo do panorama da fotografía en Galicia nas décadas dos cincuenta, sesenta e setenta. Un panorama organizado en relación ás agrupacións fotográficas e moi afastado en termos xerais da ruptura formal que tiña acontecido en Europa coa chegada das vangardas. Neste contexto a mostra Raniero Fernández. O arquivo que pode verse no CGAC ata o 12 de febreiro supón a oportunidade a achegarnos ao que, en palabras dos comisarios da mostra Manuel Sendón e Xosé Luís Suárez Canal, é quizais o arquivo fotográfico máis completo e organizado dos existentes en Galicia para ese período histórico.
O arquivo do fotógrafo Raniero Fernández
Podcast: Play in new window | Download (8.5MB)