Betanzos acolle esta fin de semana a segunda edición dos Xogos Florais, inspirados este ano
pola figura de Antolín Faraldo, de cuxo nacemento farán dous séculos o 2 de setembro. Recordamos unha das figuras esenciais da revolución galega de 1846 en conversa con Xurxo Martínez González, autor de ‘Querida liberdade. Vida e obra dun precursor do Rexurdimento’.