Esta semana Armando Requeixo convida á lectura de Muxos, a recente novela de Héctor Pose.

Muxos (Hércules) é un relato protagonizado por un adolescente orfo de pai e mais súa nai, que é a narradora desta historia ambientada en terras de Malpica, coas Illas Sisargas ao fondo e o mar como un personaxe máis.

O mozo Venancio, nacido cunha importante afectación médica, ten un don: é quen de adiantar acontecementos que han determinar a vida das xentes mariñeiras da contorna. Pero iso non fai máis que agravar a súa consideración de toliño solitario para os parroquianos. Súa nai loita contra esa exclusión social ao tempo que recompón o seu corazón mancado tras a perda do home, camiña, escribe e tenta sobrevivir ao temporal eterno das relacións humanas que a cercan.

 

 

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share