Irene Montero estréase na literatura con ‘Lúa Nova’

Esta semana Armando Requeixo fálanos de Lúa nova, a novela coa que se estrea literariamente Irene Montero.

Lúa nova (Xerais) obtivo o VIII Premio de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira, unha historia intensa e conmovedora protagonizada por unha pianista cega que ten que se enfrontar a un reto decisivo na súa vida.

As dúbidas, as dificultades e os medos de quen vive a súa condición de invidente tentando superar calquera obstáculo son as realidades que rodean a Lúa Lóngora, a protagonista desta historia chea de amor e música.

 

 

Pin It on Pinterest

44 Shares
Share44
Tweet
Share