O tradutor de sombras, de Moncha Fuentes

Esta semana Armando Requeixo convídanos á lectura de O tradutor de sombras, a última novela de Moncha Fuentes.

O tradutor de sombras (Xerais) afonda nos abismos anímicos de Roque Corbal, un tradutor depresivo que se refuxia no alcohol e no traballo perfeccionista para escapar dun pasado familiar que lle resulta inaturable e que o psiquiatra que o trata lle di que ten que espaventar escribindo unha sorte de memorias. 

Ao longo destas páxinas imos facendo un percorrido por algúns dos episodios máis decisivos da nosa historia do pasado século da man dos recordos que, filtrados pola escrita terapéutica de Roque Corbal, van deitando para nós os seus familiares. Amor, loucura e morte nun relato intenso, cheo de matices psicolóxicos e escrito cunha prosa alabarante.

 

 

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share