Armando Requeixo comenta “O negociador”

Esta semana Armando Requeixo convídanos á lectura de O negociador, a última novela de Miguel Sande, que foi finalista do Premio Xerais de Novela do pasado ano. Unha historia sobre un negociador que en Alxer ten que tratar de gañar tempo e liberar un secuestrado por ETA mantendo longos encontros cos seus captores. Un relato sobre a vida que se nos oculta, sobre o sentido dos silencios, sobre a identidade propia que descoñecemos, tamén sobre a memoria, os remorsos e a necesidade de comprender os porqués.

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share