Esta noite hai foliada no souto e os animais convídannos a bailar con eles e a coñecer como viven polo ar, pola terra ou polo mar. A vacaloura, o morcego, o corrobolás ou o caranguexo tatexo farannos rir e emocionarnos mentres xogamos coas palabras destes divertidísimos poemas, que conforman o ‘Animalario de ler a diario’, de Eduard Velasco, ilustrado por Nuria Díaz en Xerais.
É a lectura da semana de Montse Pena Presas.