Hai moitas formas de achegarnos ao noso pasado e unha delas é a través da arte. Hoxe inaugúrase en Lugo unha mostra de pintura que nos leva directamente á Roma e á Gallaecia do tempo dos grandes emperadores. Falaremos co artista, Alfredo Erias, que ata fai pouco ocupaba o posto de director do Arquivo, Biblioteca e Museo das Mariñas de Betanzos, e que sempre tivo moito interese na pintura histórica.
E despois teremos no estudio a Armando Requeixo coa súa lectura da semana, que é ‘A música das palabras. De lingua e literatura’, unha obra póstuma de Darío Xohán Cabana.