Que farías por protexer o teu sangue?

Esta semana Armando Requeixo convídanos á lectura de O meu sangue, a última novela de Diego Giráldez.

O meu sangue (Galaxia) é unha historia de amor e morte. David Ledesma, o seu protagonista, namora de Belén, unha rapaza diagnosticada de ELA á que coñece no traballo. Viven, así, unha intensa historia de amor e teñen un fillo antes de Belén finar, deixando a David sumido nunha fonda depresión. Será entón cando, despois dun intento frustrado de suicidio, David emparelle de novo con María e todo cambie.

Novela sobre os afectos, sobre a memoria dos seres queridos que se nos foron, sobre a importancia das pequenas grandes cousas que compartimos, esta obra de Giráldez é un canto ao amor máis alá da morte e tamén un axuste de contas coa Parca e as súas crueis decisións.

 

 

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share