Yolanda Castaño, unha traxectoria vital dedicada á poesía

A traxectoria vital e profesional de Yolanda Castaño está definida pola poesía desde moi nova. As súas primeiras letras publicadas, ‘Elevar as pálpebras’, saíron en 1995, cando ela tiña 17 anos; e desde entón publicou poesía, narrativa e mesmo comic e tradución.

Coñecemos á Yolanda Castaño poeta, creadora. Pero hoxe miramos tamén a súa faceta como xestora cultural. No que vai de ano foi recoñecida xa con dous premios, o Rodolfo Prada e o da Gala do Libro á xestión cultural, por un proxecto titánico ao que leva dedicada xa 13 anos: Poetas Dinversos.

Os recitais danse cita unha vez ao mes na cidade da Coruña, no Centro Ágora, e neles coexisten as letras dun poeta galego e dun poeta internacional. Este pasado luns celebrouse o correspondente ao mes de maio, co encontro entre Gonzalo Navaza e a poeta rusa Vera Pavlova, demostrando tamén que cando se fala de poesía, non hai barreiras.

 


 

 

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share