No día do pasamento do escritor vigués recollemos as mostras de dó na cultura galega e conversamos co presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, que foi o seu editor na editorial Galaxia, e con Mercedes Corbillón, da libraría Cronopios.
Domingo Villar converteuse nun dos autores máis lidos e traducidos da nosa literatura coas súas tres novelas negras ambientadas na contorna de Vigo e protagonizadas polo inspector Leo Caldas: Ollos de auga, A praia dos afogados e O último barco. O seu derradeiro libro, publicado en 2021, foi a colección de relatos Algúns contos completos.