Teresa Moure: “Non hai nin un só nome de muller nos manuais de lingüística”

“Non hai nin un só nome de muller nos manuais de lingüística”

Con esa premisa escribiu Teresa Moure ‘Linguística escreve-se com A’ (Através editora). E non só por recuperar nomes de mulleres, senón por demostrar que as súas achegas a este campo son igual de importantes que as dos homes. Neste ensaio repasa as contribucións das mulleres en campos lingüísticos como a tradución ou a antropoloxía, e noutros máis singulares como a criptoloxía ou a primatoloxía. 

En todos eles, as mulleres fixeron contribucións pioneiras, pola súa maneira particular de enfocar e de mirar os ámbitos de estudo. María Moliner na lexicografía, Jane Goodall na primatoloxía ou Margaret Mead na antropoloxía, son algunhas das figuras máis relevantes que Moure estuda neste ensaio.

 

 

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share