Jesús Silva
Graduado en Xornalismo pola USC, especializado en crítica cinematográfica e produción audiovisual. Colabora con medios internacionais e organizacións como Cineuropa, o Premio de Cine LUX do Parlamento Europeo ou as asociacións Europa Distribution e Europa Cinemas. Dende finais do 2020, dirixe a revista dixital de crítica cinematográfica A Cuarta Parede, labor que compaxina co seu traballo como freelance para distintos medios, festivais e produtoras.
No ano 2017, formou parte do xurado oficial da sección Giornate degli Autori no Festival Internacional de Cine de Venecia, como parte do programa 27 Times Cinema, e dende 2018 encárgase da coordinación editorial do proxecto para Cineuropa. Tamén colabora en distintos festivais galegos como Curtocircuíto ou a Mostra de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo.