Coñecemos a experiencia de Cuac FM, unha radio comunitaria nacida en 1996 co impulso dun grupo de estudantes da Universidade da Coruña. O documental ‘Nada que ver’, dirixido por Iago Prada, narra o cuarto de século de vida da emisora, que conseguiu sobrepoñerse a dúas paradas obrigadas da emisión e á propia pandemia. Conversamos con Iago Prada, director de ‘Nada que ver’; Paula Lago, presidenta de Cuac e mais Chus Abeledo, directiva da asociación e unha das locutoras de maior idade aos seus 70 anos.
‘Nada que ver’, documental sobre os 25 anos de Cuac FM
Podcast: Play in new window | Download (14.0MB)
Subscribe: RSS