O Museo de Pontevedra acolle ata este domingo a exposición ‘Castelao en Europa. A viaxe de 1921’ que segue os pasos do artista e político rianxeiro na viaxe que realizou hai un século por París, Bélxica e Alemaña. Castelao recolleu a experiencia nun diario cuxo orixinal pode verse na mostra, xunto con moitas reproducións de obras de arte que o artista debuxou durante eses nove meses e exemplos da repercusión que a viaxe tivo na súa obra e na arte galega posterior.
A viaxe de Castelao pola Europa dos anos 20
Podcast: Play in new window | Download (16.8MB)
Subscribe: RSS